Cando neno lembro a mesa da cociña onde a miña nai sentabame a falar de Rosalia de Castro namentras limpaba. Aprendin ler cun libro de poemas
(Cantares Gallegos) que ainda esta na casa ( Castellanos de Castilla.....) As tardes de sol na cociña onde podiase ver daquela o mar e a Torre de Hercules
traenme... sabor a tomate e son de poemas, que eu lia torpemente para facer conta de que xa era grande. Aprendin ler aos tres anos, antes de ir a escola,
na casa non se falaba galego mais sempre gostaron da “negra sombra” e o meu abo (cego) cantaba sentado no salon “unha noite na eira do trigo...”
como un mantra que lle levaba a vida. Na coral “El Eco” onde os meus pais cantaron mil anos, chamabanme o pequeño poeta, e recitaba aos clásicos
que o meu pai fixerame aprender para as ocasions (Diligencia de carmona, la de las mulas castañas...../ Con diez cañones por banda......) despois de
que o maestro Eduardo Diehl (autor de Morriña) fixera soar un piano. A poesia leva no sangue facendome música dende que teño xuicio. Agora son
home de sementes e mar nunha terra extraña. O artista, o creador ten de buscar o xeito de expresarse, e coido que eu ainda ando buscalo. A mellor das
obras sempre e a obra vivida, a lama da experiencia. Coido que o que escribo coma o que pinto ou interpreto e unha necesidade. Non sei vivir doutro
xeito, nen quero. Admiro ao grande Celso Emilio Ferreiro que acompañou os meus primeiros pasos nun escenario. Recitei os seus poemas por moitos
pequenos pobos da galiza e gardo a forza da sua lirica e compromiso social que desprende a sua obra. Sempre darei conta da miña condicion homosexual
por que conto que fai de min e da miña obra sinal de loita cara a soñar un mundo millor de igualdade e normalidade. Son profundamente anti-
Catolico e coido que só desterrando a relixions do ensino formaranse xeracions de rapaces sans mentalmente.... xa non era sen tempo!
Obra:
El sexo de un anarquista (Triangulo distribuciones)
Loba Maria (Editoral La Avispa)
Os de Montealto non levamos paraugas (O Voceiro de Zalaeta)
O meu libro das sombras (O Grelo Edicios)
envía tus colaboraciones
a:
[debido a la
cantidad de colaboraciones recibidas, la publicación de estas
puede sufrir algún retraso. !lo sentimos!]
si quieres enlazarnos,
utiliza estos banners:
no estoy contento de mí mismo
he incumplido la tarea de ser yo
he faltado a las normas del colegio
y no besaré ya más el culo de un gato
andaré ahora entre monos
como en el Laoconte de los monos
belleza perfecta hecha para ser sólo
el novio único de la nada leopoldo
maría panero
non me pariches sen terra
francisco brives
Non me pariches sen terra
sen forza e sen alento.
Non me escondiches da verba
a alma que o mar axeita.
Na percura das bateas que crien
fillos sen nomes e nais sen sachos,
fiseches de min un fillo sen alma e un guerreiro sen armas.
Parir pariches… mais criei lonxe, sen o murcho regazo
que anaina nas ondas aos mariñeiros,
ou o bater do ar nos miolos cando un ten medo.
Tiven de ser home sen terras
nun deserto de soidades e lingoas alleas,
malpocado polo acento dos que mercadean coas ondas televisivas,
espido de canto verdor cinguido leva o teu himno.
Fillo en precaria deriva ….mais fillo a o fin.
E aquí me tes, aos pes da tua Catedral sen igresia
aos pes das tuas pedras sen teito a caron do cimenterio da nazon
española
e devandito polos miolos opresores da realidade lingüística.
Fillo da bastardia, sen normativa que me alente, nen relixion que me teña
cuspida a alma.
Fillo nas marxes da deriva, nunha terra de nazons sen nomes
e de fascismos arreos que me negan a estirpe.
Rende o mar….eu si que vou de camiño.
COPYRIGHT (C) 2004, alex_lootz. ALL
RIGHT RESERVED.