francisco brives

Cando neno lembro a mesa da cociña onde a miña nai sentabame a falar de Rosalia de Castro namentras limpaba. Aprendin ler cun libro de poemas (Cantares Gallegos) que ainda esta na casa ( Castellanos de Castilla.....) As tardes de sol na cociña onde podiase ver daquela o mar e a Torre de Hercules traenme... sabor a tomate e son de poemas, que eu lia torpemente para facer conta de que xa era grande. Aprendin ler aos tres anos, antes de ir a escola, na casa non se falaba galego mais sempre gostaron da “negra sombra” e o meu abo (cego) cantaba sentado no salon “unha noite na eira do trigo...” como un mantra que lle levaba a vida. Na coral “El Eco” onde os meus pais cantaron mil anos, chamabanme o pequeño poeta, e recitaba aos clásicos que o meu pai fixerame aprender para as ocasions (Diligencia de carmona, la de las mulas castañas...../ Con diez cañones por banda......) despois de que o maestro Eduardo Diehl (autor de Morriña) fixera soar un piano. A poesia leva no sangue facendome música dende que teño xuicio. Agora son home de sementes e mar nunha terra extraña. O artista, o creador ten de buscar o xeito de expresarse, e coido que eu ainda ando buscalo. A mellor das obras sempre e a obra vivida, a lama da experiencia. Coido que o que escribo coma o que pinto ou interpreto e unha necesidade. Non sei vivir doutro xeito, nen quero. Admiro ao grande Celso Emilio Ferreiro que acompañou os meus primeiros pasos nun escenario. Recitei os seus poemas por moitos pequenos pobos da galiza e gardo a forza da sua lirica e compromiso social que desprende a sua obra. Sempre darei conta da miña condicion homosexual por que conto que fai de min e da miña obra sinal de loita cara a soñar un mundo millor de igualdade e normalidade. Son profundamente anti-Catolico e coido que só desterrando a relixions do ensino formaranse xeracions de rapaces sans mentalmente.... xa non era sen tempo! Obra: El sexo de un anarquista (Triangulo distribuciones) Loba Maria (Editoral La Avispa) Os de Montealto non levamos paraugas (O Voceiro de Zalaeta) O meu libro das sombras (O Grelo Edicios)

 

 

envía tus colaboraciones a:
 

      [debido a la cantidad de colaboraciones recibidas, la publicación de estas puede sufrir algún retraso. !lo sentimos!]

  si quieres enlazarnos, utiliza estos banners:

 

 

no estoy contento de mí mismo
he incumplido la tarea de ser yo
he faltado a las normas del colegio
y no besaré ya más el culo de un gato
andaré ahora entre monos
como en el Laoconte de los monos
belleza perfecta hecha para ser sólo
el novio único de la nada

leopoldo maría panero

 

 
    

 

os de montealto non levamos paraugas

francisco brives

       Ainda non pasaron quince anos dende que deixei Coruña. Non " A Coruña" nin "La Coruña" ... eu sempre escoitei -" son de Coruña"- sen mais, sen artigos, sen polemicas, sen parvadas.
       Tamen e certo que os de Montealto nunca tivemos sona de letrados; nen falla que nos fai.
        Ainda que agora, o voltar... sempre que se volta dalgures o tempo che sorprende,como unha choiva repentina na rua da torre ou un sol de carallo nas lagoas.
        A sorpresa é que oxe montealto esta de moda. Sei que algúns deulles por estudar e o barrio, ise que eu deixara ai anos, tornousemoi moderno e cheio de sona ben merescida.
        O Montealto que eu deixei, ainda tiña matadeiro e cando pasabas por ali cheiraba a pele seca, a sangue morna e non tiña nome de "trip".
       Iso si as ratas que andaban a solana da praia do matadeiro ...isas non cambiaron mais que de xerazon... por que, moito trip, moito trip pero as ratas seguen a viver no mesmo sitio de sempre.
       ¡ome!, iso si as de agora non andan entrecorredoiras cheias de baches, nen baixan escaleiras...sei que pensaron nelas para facer a rampa do matadeiro por iso da supresion das barreiras arquitectonicas....
       E de paso puxeronlles o tranvia que digo eu que o farian por ver se asi, aroladas pola velocidade vaise mermando a tasa de natalidade. Por que doutro xeito, poño por caso medidas de desratizacion, disas creio que non escoitaron oir falar no concello.
       Habia dous tufos que enchian o barrio, un era o do matadeiro; a sangue se xuntaba coa merda e escorrentaba polas penas a caron da praia baixo a casa dos pescadores que xa non esta. E os dias de matanza a mar ferida de morte tintaba a area da praia mentras todos tapabamos o nariz.
       O outro tufo viña da refineria, iste so chegaba se o vento era propicio, dous cheiros que marcan a infancia dun neno calquera.
       Ainda que nos, sempre seremos os nenos do Urquiola. Xa poden vir o Cason, o mar exeo, o prestixe, que Montealto leva no corazon das ruas a morte tráxica do capitán do Urquiola frente a Torre.
       De feito Montealto ten moito que ver co petroleo dende tempo, non por que nos fixeramos ricos con el, coma o Buss e os Bin Laden, todo o contrario, fixemonos mais pobres mentras outros levaban os cartos. Digo isto por que as mareas, esas que enchen as bolsas dos pescadores da torre ou de punta erminia deixaban de encher o plato de moitas casas do barrio de rabaliza ou rodaballo ou lubina cando a marea cheiraba a crudo.
       A pobreza dos naufraxios; a pobreza da costa; isa que marca sen compaison nen teima.
      Fillos do Urquiola; fillos por que as nais agarraban os cativos e andaban polos roquedos da baia a mirar se nalgures podian ver alguns dos mariñeiros desaparecidos no naufraxio. Fillos por que as experiencias da mar ainda sen ser mariñeiros , salpicaron o barrio dende sempre. De certo que o fin de Montealto nunca foi a Torre de Hercules, o fin de Montealto sempre estivo nas penas do boi e da vaca. Isas que levaron consigo unha cheia de vidas do mar. Isas que marcan o fin da terra e o nacemento da mar oceana.
       Sempre que a desgraza cuspia a costa, un naufraxio, algún neno caido o mar, algún bañista inexperto... Montealto se tiraba as penas. Das arterias das ruas a xente achegabase as rochas, esas que agora cubriu o "bonito" paseo Maritimo, pero que naquel enton taban cheias de corredoiras a caron da costa e que ali ia a xente por ver se podia axudar en algo...ollos uliscando a costa.

        Nunca tiven a sensacion de morbo coma poden pensar alguns, cando a xente desta terra se bota o mar; ai unha pel que se fia no ar, algo ancestral, pagan, case salvaxe. Xente con linternas ou faroles cando caia a noite. Ise si e un Montealto a recordar....xente que sinte o mar con respeito; con temor e reverencia; eses mesmos que estan acostumados os ventos; os de peito fora e cu pa atrás. Eses sempre levaron a salitre nos miolos sen ser mariñeiros. Pescadores de asfalto e vento.

        Nesta Coruña de Montealto tampouco facianse exposicions como na casa do ome nen visitas a casa dos peixes todo-lo mais onde agora veu parar o maxin dun arquiteto xapones soio habia unha canteira; e un campo onde os da rua de San jorge xogaban as canicas , o che, ou os oficios da miña aboa por poñer un caso. Ainda que daquela a aventura era irlle tirar pedras as galiñas da vella que tiña a casiña o caron da canteira e que eu nunca lle vin a cara. Sabias que ali andaba por que tendia a roupa noi meio do campo, en duas cordas , e iso deulle moitas brazarelas.
          Non e que os nenos non respetaramos o clareo, sabias que se te puñas a xogar cando as da rua botabanse a clarea-la roupatiñas xogabaste mais dun tiron de forellas, e algun que outro berro.
         Os dias de clareo eran poucos, so cando no inverno chegaba a xiada e as mulleres toleaban por botar as mantas enrriba da erva coma se lles fose a vida nelo. En Montealto non che habia para lavanderias. Nen sequer creio que oubiramos falar delas.
         O da vella era outra cousa, ela tendia a roupa sempre, todo o ano, e as veces xogabas entre as cordas e algunha que outra peza caia o chan. Agacharse entre as sabanas tendidas tiña o seu aquel.
         De feito non sei quen corria mais se as galiñas da vella diante das pedras, ou nos diante da vella cando se cabreaba por algunha trasnada. Penso que eu debin sempre correr dabondo por que nunca lle vin a cara; e cando corrias o berro de " que ven a vella" ninguen andaba na carallada de mirar atrás.

        Decía que a sona de Montealto, non era de cuna de poetas e artistas coma oxe din alguns, e moito menos zoa franca alternativa do house e a música electrónica.
         Ser de Montealto tiña duas vias, ou terminabas na carcere coma a Prego Paris (bandoleira de sona na cidade, e choriza de bolsos alleos morta pola sida) ou ben buscabas o xeito de marchar canto antes.
         Falar de Montealto era falar de obreiros; de xente de aldea que veu a cidade percurar vida nova para os fillos. Falar de montealto e falar de mulleres que non ian a perruqueria nen gastaban cartos en moda.
         O da perruqueria ten o seu aquel, por que os da rua de san jorge ou os das lagoas sabian que cando o vento zoupa non ai cardado dos 80 que resistise e moito menos planchado dos 90.
         Por iso ser moza en Montealto e ir as perruquerias non tiña moito sentidiño.
         Cando o oceano peta; as casas de Montealto vibraban co vento, e sair de casa e bater co vento e a choiva faciase unha aventura pouco recomendabel.
          Tal era a cousa que os de Montealto andaban co peito adiante e o cu pa atrás, por que senon non tiñas xeito de avanzar un palmo.
           Non e que fosemos de cú, que tamen, pero era unha parte da anatomia a ter en conta. Se eras de Montealto tiñas o cu ben apretado, unha por que non te chamaran prea e outra por que habia que facer forza para tirar as costas e os cinco pisos sen ascensor.

 

 
 


   
 
 
 

COPYRIGHT (C) 2004, alex_lootz. ALL RIGHT RESERVED.